Licencia

Creative Commons License
Lo escrito en "Rincón de lectura (mis historias)" by Shiroki is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Based on a work at unsuspiro-on-mind-shiroki.blogspot.com.

martes, 14 de diciembre de 2010

Lembranza...

O asubío da noite murmuraba ao meu carón. Xa fixemos o aniversario, o terceiro para ser máis exactos.
Aínda bótoo en falta, pero non creo ser precisamente a persoa máis afectada.
"Isto pasa a diario", pensa a xente, pero aínda agora, cada noite penso nel, cada noite creo que estame a ver, que estame controlando, vixiando que todo o faga ben. Desde as sombras da noite, desde a luz da Estrela polar, alí está el. Có seu doce e cariñoso sorriso, co seu mirar cristalino, cheo de felicidade, cos seus nevados cabelos, coa súa face arrugada, pero sempre, sempre, sempre, có seu inmenso cariño e amor.
Pode paracer tonto, unha simple e absurda "entrada de blog" pero isto, simplemente necesitaba dicilo; gustaríame berralo, pero non me atrevo, gsutaríamelo dicirllo a alguen, pero a miña voz non sairía ou mesmo temblaría. Temeraria de saír, indefensa ante os pensamentos dos demáis.
Como a miña existencia temerosa da vida, non pode evitar, camiñar polo que aparenta ser noite e ter que aferrarme a un medo que me encolle a alma, que se leva o meu celme.
"¡Quérote!", "¡Bótote en falta!", son simples frases que calquera pode dicir ou mesmo pensar sen sentilas. Pero eu, entre esta cortina de lágrimas, volverei a ser forte, volverei a desexar que sigas ben, ao igual que nós estámolo facendo ben.
Síntoo, pero non o pode evitar. Estas lágrimas que agora estanse a escapar dos meus ollos non son nada máis que de pesar de saber que non estás aquí, aínda que nesta ponte fixesen tres anos, eu síntoche na milla alma como se houbese sido onte que estiveramos hablando.
Quizáis esperei demasiado para poñer isto, pero quizáis foi o mellor esperar ao tempo no que as miñas forzas non flaqueen cando decida berrar que es unha parte de min, que es un dos que me fixeron tal como son hoxe en día.
Por estar sempre ao meu carón, GRAZAS. Por apoiarme sempre, GRAZAS. Por haber derramado tantas lágrimas, PERDÓAME...

viernes, 10 de diciembre de 2010

Amo este videoclip, jajaja



Jajajaa, con este video doy  por fin señales de vida, volveré a escribir esperemos que pronto ;P