Licencia

Creative Commons License
Lo escrito en "Rincón de lectura (mis historias)" by Shiroki is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Based on a work at unsuspiro-on-mind-shiroki.blogspot.com.

jueves, 10 de febrero de 2011

Reflexións da vida

Resistiremos aos prexuizos da xente. Buscaremos e incluso indagaremos que é o que "fixemos" mal.
Pensar, escribir, falar, escoitar... estas cousas comezan, paseniño, a evaporarse.
"Non hai linguas mortas", pensa a xente, e eu respóndolles "non, non hai linguas mortas, simplemente foron asasinadas cruel e vilmente"
Unha lingua que non se fala, unha lingua que non se escoita, na que non se escribe, aquela que esquecemos deixa de ser lingua para pasar a ser nada.
Nada... a nada... ese universo descoñecido por nós, ese que, polo descoñecemento non se lle puxo un nome, porque se é algo que non coñecemos ou non comprendemos, entón, non é nada, pero ao mesmo tempo é algo. Porque todo é algo, aínda que sexa considerado "nada", é dicir, ausencia de "algo", pero de "algo" que nós non coñecemos.
Polo tanto, se houbesemos coñecido antes a "nada" e despois o "algo", a estas alturas todo sería "nada" e tantos outros conceptos cambiarían a súa acepción.
E agora, fagámonos estas preguntas: ¿Porqué a mesa é mesa e non casa?, ¿porqué alguén dixo que todo é todo e non é algo?, ¿porqué na nosa existencia tratamos de acadar algo sen facer o mmínimo esforzo?
Se a vida tivese sentido, agora mesmo é posible que nin ti nin eu estivésemos aquí agora, nin eu escribindo, nin ti lendo as desvariacións dunha pobre adolescente cunha crise de razoamento. Pero, isto non é nada máis que unha forma de demostrar o sino das persoas, que todos nacemos con algún motivo e que, aínda que agora o descoñezamos, e creamos que non é posible porque non temos algo en mennte, iso é o de menos, xa que o destino quere guiarche por un mundo sen que realmente o vexas, cunha venda tapa os teus ollos, e cunha man aferra o teu corazón desexoso de que non podas evitar o camiño que tan coidadosamente trazou para ti, que trazou para cada un de nós.
Vivimos a vida nun sendeiro libre, escuro xa que nós, cremos que non sabemos o que nos ha pasar a continuación, pero non é máis ca unha mera ilusión, o destino, ese ente tan malicioso que engatúsanos, fainos fiarnos del e seguilo.
¿Pero cal é o verdadeiro sentido da vida? "non ten sentido", diccen algúns, pero eso é mentira, porque non hai nada que non teña sentido, todo, absolutamente todo ten un porqué de ser. E aínda que sexa unha cousa que espetas aleatoriamente, é, porque houbo un momento en que tiña sentido, xa que esto, o senso non é máis que unha forma de ver as cousas, e cada un ten a súa.
Os tolos...os tolos é probable que non sexan eles os tolos, se non que sexan unha parte da especie máis desenrolada intelectualmente que nós, pero como é unha minoría e o que poidan dicirnos asústanos non o temos en conta.
Somos, e seremos sempre seres con intentos de cambios...pero que endexamais os conseguiremos polo noso maior inimigo...
o MEDO