Licencia

Creative Commons License
Lo escrito en "Rincón de lectura (mis historias)" by Shiroki is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Based on a work at unsuspiro-on-mind-shiroki.blogspot.com.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Primeiro

As ondas da túa mirada fixéronme caer en picado, o teu doce sorriso, a túa elegante cabeleira que lisa e longa baixaba polo teu costado e máis pegábaseche á cara. Cabelos, brillantes coma os raios solares, fríos como o teu mirar, roxos coma sempre...Seducindo ás túas coloridas meixelas e engatusando ós teus fervientes labios, labios como pétalos dunha rosa, carmín pintado.
O desexo corroíame, xa non puiden aguantar máis, ti, có teu inocente e alegre sorriso, coa túa impresionante bondade, impresionante como as túas curvas que a todos nos volvían tolos.
Ti, dona dos meus sentimentos, hermosa e traicioneira, aparecías noite tras noites nos meus máis profundos soños.
Cada día, o teu semblante mirábame con máis desprecio, cada día, eras máis fría, os teus ollos acabaron por morrer, ao igual que os teus saúdos, que lentamente desapareceron xunto que teu sorriso, cada vez máis duro, frío e insensible. Cada vez que me lembro, non comprendo como non te rescatamos antes da túa escuridade, canto tempo estiveches perdida en ti mesma, cantas veces reclamaches a nosa axuda.

1 comentario:

  1. Cada día escribes mejor.Este texto es realmente bueno,me gusta.Nunca dejes de escribir,no hagas como yo XD.

    ResponderEliminar