Licencia

Creative Commons License
Lo escrito en "Rincón de lectura (mis historias)" by Shiroki is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Based on a work at unsuspiro-on-mind-shiroki.blogspot.com.

domingo, 29 de agosto de 2010

Cuarto

Portas abertas, entra unha muchedumbre. Ninguén sabe quen chegara antes, todos corren, voan.
Desexan chegar primeiros, desexan que non teñan postos controis, desexan que o simple desexo de velos, sexa máis que suficiente para consguilo.
Volvense a abrir outras portas. Voltan de novo as carreiras, corre pra aqui, corre pra alá. Pero ninguén sabe quen será o primeiro.
Un cuarto, aberto cuarto, corre a xente, voan, pero só unha persoa chegará. As demais, felices pola enrada, desilusionadas por non chegar, vivirán felices o momento que tan anhelado chega a comezar.
As luces saen do escenario, o primeiro grupo comeza, a xente chease de emoción, todos bailan, bailan sen saber quen o fará mellor, pero xa non compiten, agora teñen todos o mesmo propósito, disfrutar, pasalo ben e admirar a beleza do xogo de luces, da posta en escea dos seus ídolos, das bombas de humo, do confeti, do corpo de baile...e incluso eles, dende o máis baixo d'esa nube seguen o compás e os pasos do corpo de baile.
Felices como nunca, un momento único. Peleas por baquetas, por ver a quen está mirando realmente, por saber que cnación interpretará.
Pero ante todo esto, hai algo que realmente úneos, e é o desexo de ver ao seu esperado e ansiado grupo de música, aquel que sin dúbida algunha fará a mellor presentación, aínda que as outras fosen mellores, polo simple feito de ser ELES.
A emoción percorre as veas, a tristeza comeza a actuar. Sabes que só quedan dúas cancións....unha...pero sempre está a salvación da xente, ese recurso que sempre emociónate , roubate as lágrimas, obrigándoas a sair. o fantástico e maravilloso momento do tan coñecido fenómeno "bis"
Todo corre, nada permanece, todo avanza e a noite remata, sabes que non o esquenceras nunca, sabes que nunca, endexamais, podrás agradecerlle ás túas compañías o suficiente como o desexas, porque ese momento máxico, no que a música roza os teus sentimentos expoñéndoos ante todos, e pode tocar o ceo das estrelas, sabes, que nunca o que fagas será suficiente porque o teu agradecemento, vai por riba do que poida pasar na túa vida.

1 comentario: